In the sale you will find especially cheap items or current promotions.
Want to part with books, CDs, movies or games? Sell everything on momox.com
Henrique Rabuñal que une na súa biografía a condición de autor e investigador teatral realiza neste volume unha viaxe polos episodios máis sobresalientes do teatro galego contemporáneo deténdose nalgunhas das súas figuras emblemáticas: Lugrís Freire, Álvaro Cunqueiro, Jenaro Marinhas, Manuel María, Manuel Lourenzo, Francisco Pillado, Vidal Bolaño ou Xesús Pisón. O libro propón olladas panorámicas do teatro galego no seu conxunto, dese teatro no exilio e no seu tránsito desde as compañías independentes até as primeiras profesionais ou unha reflexión sobre a publicación, a temática urbana ou amorosa. Pero tamén nos ofrece achegas en detalle á editorial Lar, ás pezas de Xosé Lois García ou Inma António e ao complexo universo hamletiano. Henrique Rabuñal descifra o vigoroso mapa dun teatro no que conflúen en clave galega os devezos e as tensións do ser humano actual e complementa así outros traballos seus consagrados a Feixó de Araúxo, Galo Salinas, Rafael Dieste, Blanco Amor ou Carvalho Calero.